29 marzo 2024

CHOCOLATE CON LETRAS

  Boas rapazada:

Como vai todo? Hoxe estou aquí para contarvos unha sorpresa que tivo lugar na biblio o pasado xoves día 21 de marzo.

 Como xa sabedes na biblio temos un clube de lectura para adultos (familias e mestres) que chamamos Café con Letras e que consiste en compartir un café comentando un libro previamente lido por todas as participantes.

 Pois ben, o alumnado de 4º A foi  tiña programada unha xuntanza para comentar o libro Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas e cando chegaron á biblio tiñan todo preparado para compartir unha chocolatada cuns biscoitos, facendo unha adaptación do noso clube de lectura para adultos para noso alumnado, que nesta ocasión chamamos Chocolate con Letras.

A actividade foi todo un éxito xa que a todos se lles fixo moi curto, e despois da xuntanza fixeron un test onde o alumnado plasmou a súa opinión. Todos queren volver a ler, que ao fin e ao cabo era a finalidade da actividade  que se motivasen coa lectura e pasar un momento máis lúdico para rematar o trimestre.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo da actividade.

Agardo que esta actividade se volva  repetir e para iso... hai que ir pensando que libro podedes ler!!

E xa sabedes... Para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GAÑADORES DO BOOKFACE

 Boas rapazada: Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir fa...