29 marzo 2024

8 M

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o día 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller, e nós dende a nosa escola e ao abeiro do noso PDI Libeteca na túa maleta decidimos que cada aula escollese unha muller importante do país que está a traballar e posteriormente elaborase a súa silueta en forma de photocall. 

Neste photocall, tamén había que dar a coñecer un chisco da vida da muller escollida e porque é ou foi importante e que logros acadou. 

Posteriormente o propio venres, día 8 de marzo o alumnado foi visitando todas as aulas para coñecelas a todas e sacar fotografías nas siluetas.

Aquí vos deixo un vídeo onde aparecen todas e cada unha das mulleres escollidas, agardo que vos guste e que aprendades  tantas cousiñas coma a min e xa sabedes ... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

I FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:  Como xa sabedes o pasado 22 de abril tivemos a nosa I Feira do Libro, e temos que dicir que estamos mi ledas porque foi tod...