25 novembro 2026

OBRADOIRO DE TECIDO

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes este curso estamos a traballar o Tempo das nosas Avoas, e o pasado luns tivemos a sorte de poder contar cunhas nais que se caracterizaron e traballaron moi ben coa lá e co liño. 

Primeiro fixeron un obradoiro co alumnado de 1º e posteriormente a rapazada de infantil, foi pasando en quendas, pola biblio para coñecer os aparellose ter unha pequena visualización de como se traballaba a lá e o liño no tempo das nosas avoas.

Aquí vos deixo un vídeo resumo da actividade para que poidades ver como o noso alumnado gozou do obradoiro de tecido e o moito que aprenderon.


 Moitas grazas as artífices deste obradoiro é un pracer poder contar con vós na nosa escola.


Saúdos, Libeteca 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS E DE BARALLA

 Boas rapazada:  Como vai todo; hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Fernando e Xesús que nos viñeron a facer un obradoiro, de xogos tradic...