02 novembro 2026

CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educativa propoñémosvos un concurso en familia que consiste en elaborar en familia, un xoguete do tempo das nosas avoas, para conseguir facer unha grande exposición e posteriormete premiar aqueles traballos máis orixinais e  mellor elaborados. 

A data máxima de entrega é o 27 de novembro e aquí vos deixo o cartel con toda a información que se enviou ás casas. 


Agardamos que vos animedes a participar!!

A VERBENA DAS NOSAS AVOAS

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o pasado día 24 de outubro celebrouse unha data moi especial, por unha banda celebramos o meu aniversario, e por outra o día das Bibliotecas escolares, e para isto fixemos unha verbena como no tempo das nosas avoas. Contamos con dúas colaboracións inestimables, por unha banda a asociación o Xeito e por outra a Anpa que colaborou financiando unha parte do obradoiro. 

Ademais invitamos ás familias para que poidaran gozar connosco desta gran inauguración do noso PDI O tempo das nosas avoas. 

Aquí vos deixo o cartel da  verbena e o vídeo resumo da actividade.





PLANING TRIMESTRAL NA BIBLIOLIBETECA

 Boas rapazada: 

Este curso, como xa sabedes estamos a traballar arreo no noso novo PDI que se chama O tempo das nosas avoas, e co que pretendemos traballar a vida dos nosos ancestros, as tradicións orais e o papel da muller na sociedade como foi evolucionando e mudando. 

Aquí vos deixo un cartel co planing que imos levar a cabo durante este trimestre e as datas de entrega para que vos poidades ir organizando dende as aulas. 



29 outubro 2026

NOVAS NORMAS DE USO EN HORARIO EXTRAESCOLAR

Estimadas familias:

Desde o centro queremos informarvos de que se establecieron novas normas de funcionamento da BIBLIOLIBETECA co obxectivo de garantir un uso adecuado a este espazo.

Esta decisión dé ese a que, nalgunhas ocasións a biblioteca foi utilizada como un servicio de gardería, afastándose da súa finalidade.

Lembramos que a biblioteca é un espazo destinado á lectura,á aprendizaxe e ao préstamo de libros, e non un servido de custodia de menores.

As novas normas toman como referencia os principios de funcionamento das bibliotecas públicas de Galicia, adaptados ás necesidades do noso centro.

Estas medidas buscan favorecer un ambiente tranquilo, organizado e respectuoso,no que todos poidamos desfrutar da biblioteca.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración para que BIBLIOLIBETECA continúe sendo un espazo de encontro, lectura e aprendizaxe.

As novas normas de funcionamento poden consultarse no cartel informativo que acompaña este comunicado. 

O equipo de BIBLIOLIBETECA  e o Ceip Laverde Ruíz.



 

27 xuño 2026

OS NOSOS FONDOS PARA O PDI

 Boas rapazada: 

Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o verán.

24 maio 2026

PRESENTACIÓN DE ACROPROX

 Boas rapazada:

O martes pasado, xa sabedes que tivo lugar na nosa escola, a xornada de portas abertas do noso PDI Persoas con capacidades diferentes, e tivemos a sorte de contar con Lucía, unha interprete de linguaxe de signos da asociación Acroprox, que nos ensinou o alfabeto dactilolóxico. Aquí vos deixo o vídeo coa súa presentación.

Acroprox de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO


Moitas grazas por estar con nós Lucía e achegarnos á linguaxe de signos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Boas rapazada:

 Aquí vos deixo o vídeo resumo desta xornada de portas abertas, onde nos xuntamos para recompilar o traballado no PDI ao longo de todo o curso.


DÍA DA EXPOSICIÓN de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO

ENQUISA DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo a enquisa para que o alumnado do centro valore a Bibliolibeteca e que dea a súa opinión, para que entre todos e todas escollamos o tema do vindeiro PDI.


ENQUISA DE AVALIACIÓN PARA AS FAMILIAS

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo a enquisa de avaliación sobre Bibliolibeteca, para coñecer a opión das familias e para que, entre todos e todas, escollamos o vindeiro tema do PDI  para o curso seguinte.


ENQUISA DE AVALIACIÓN PARA O PROFESORADO

 Boas rapazada: 

Aquí vos deixo a enquisa de avaliación sobre Bibliolibeteca para coñecer as vosas opinións e que, entre todos e todas, escollamos o tema para o seguinte PDI.



18 maio 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Boas rapazada:

Como xa sabedes estamos a ultimar os detalliños deste curso dende bibliolibeteca xa vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán, para que as vaiades vendo con tempo e que así poidades gozar do placer da lectura.


16 maio 2026

JUDY SCOTT

 Boas rapazada:

Como xa sabedes levamos traballando arreo no noso PDI: Persoas con capacidades diferentes e nesta ocasión preparamos unha presentación para que coñezades a Judi Scott,  (1943–2005) foi unha recoñecida escultora estadounidense de arte téxtil que alcanzou fama mundial dentro do movemento de arte marxinal (Art Brut). Nada con síndrome de Down e unha xordeira profunda que non foi diagnosticada a tempo, pasou 36 anos da súa vida illada e internada nun hospital psiquiátrico despois de ser declarada "ineducable". A súa vida cambiou radicalmente cando a súa irmá xemelga, Joyce Scott, asumiu a súa tutela legal en 1985 e levouna a vivir a California.

Alí, Judith foi inscrita no Creative Growth Art Center de Oakland, un centro que apoia a persoas con dificultades de desenvolvemento a través da expresión artística. Foi neste taller onde descubriu a súa vocación espontánea e comezou a crear complexas e impactantes esculturas abstractas.

 Na vindeira xornada de portas abertas temos preparado un obradoiro para que todos e todas nos poñamos na pel de Judy e intentemos facer esculturas semellantes ás súas. Atrevédesvos?




E xa sabedes para calquera cousa Libeteca... sempre na biblioteca!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o vindeiro martes día 19 de maio teremos unha das  actividades máis esperadas de todo o curso, xa que terá lugar a nosa Xornada de Portas Abertas, na cal o alumnado de 6º de primaria, que estivo sendo Gardabiblio vos presentará o traballo realizado ao longo de todo o curso. 

Aquí vos deixo un vídeo resumo do traballo que levamos realizado ata o de agora, e aínda queda o máis esperado ensinárvolo!!!!




Xornada Portas Abertas 2025-2026 de SONIA LAMAS VAZQUEZ

LETRAS GALEGAS 2026

 Boas rapazada:

Como xa sabedes este curso as Letras Galegas adícanselle a Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964 - Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014) foi unha salientable xornalista, escritora, feminista e activista política galega. E dende o Equipo de dinamización da Lingua galega prepararon uns xogos, uns vídeos e uns agasallos que estiveron á disposición de todo o alumnado do centro durante toda a semana na biblioteca, para que cada grupo, na hora que ten asignada fose co seu titor/a e aprendese dun modo lúdico sobre a figura homenaxeada. 

Para por o colofón final, dende este equipo de Dinamización e ao abeiro do noso PDI: Persoas con capacidades diferentes, fixemos unha colaboración con Aspnais e preparararon uns bailes tradicionais, nos cales participaron diferentes membros da súa asociación e do noso alumnado. Foi unha actividade marabillosa para continuar a traballar a inclusión e a integración de todas as persoas que forman a nosa sociedade.

Moitas grazas tanto ao equipo de Dinamización pola súa implicación no PDI deste curso, coma a Aspnais por colaborar activamente neste proxecto tantas veces como llo solicitamos.


Saúdos, Libeteca

XOGOS INCLUSIVOS

 Boas rapazada:

Outra cousiña que fixemos ao longo do curso, e ao abeiro do noso PDI Persoas con Capacidades diferentes foron xogos inclusivos para que o noso alumnado fose empático e se puxese na pel das persoas que teñen algunha discapacidade. 

Aquí vos deixamos un adianto para que vaiades vendo o que vos ides atopar na nosa xornada de portas abertas e... seredes quen de xogar?


PICTOGRAFIAMOS O COLE CON RAIOLAS

 Boas rapazada:

Como vai todo? Aquí seguimos ensinándovos cousiñas que fixemos ao longo de todo o curso, ao abeiro do noso PDI Persoas con Capacidades diferentes. 

Nesta ocasión queremos amosarvos unha colaboración da que nos sentimos moi orgullosas xa é de grande axuda e utilidade para o alumnado TEA do noso centro.  Este curso puxémonos en contacto con Raiolas, unha asociación de Lugo para nais,pais e persoas con trastorno do espectro autísta ( TEA)  e facilitaronnos uns pictogramas para colocar por todo o noso centro e axudar á inclusión deste alumnado no centro.

Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración a Raiolas, e deixarvos un pequeno vídeo para que o vexades.  Cómpre sinalar que a música e a letra do vídeo foi realizada por un alumno de 6ºB de educación primaria.


Saúdos, Libeteca!!

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Boas rapazada:

Como vos comentei na anterior entrada estámosvos a ensinar todos os traballiños que fostedes realizando ao longo do curso ao abeiro do PDI: Persoas con capacidades diferentes, e nesta ocasión tocalle as caixas informativas que elaboramos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero ( 25 de novembro).

O traballo consistíu en que dende a biblio enviamos unha carta á caixa de correo de cada aula, na que lle dabamos un nome dunha muller fundamentalmente que está relacionada coa discapcidade dunha maneira ou outra, e dende cada aula tiñan que elaborar unha caixa informativa e cunha cabeza que poideramos colocar facilmente na súa parte superior. 

A nosa intención é que todas as aulas fixen unha pescuda e selección de información para traballar a alfabetización informacional con todo o noso alumnado.

Velaiquí tedes o resultado!!




QUE É A DISCAPACIDADE?

 Boas rapazada:

Como xa sabedes durante todo o curso fomos facendo diferentes encomendas a todas as aulas, repartidas por meses. Agora, que estamos a piques de rematar o noso proxecto chegou o momento de recompilalas todas e ir ensinándovolas para que vos vaiades facendo boca dalgunhas cousiñas que ides ver na xornada de portas abertas o vindeiro martes día 19 de maio, pero... non pensedes que estes traballiños van ser o único que vexades xa que vos agardan moitas sorpresas.

Aquí vos deixo un vídeo resumo sobre un lapbook que fixemos en cada aula para traballar o concepto de discapacidade e os tipos de que existen. Ademais cómpre sinalar que o alumnado de 6ºB elaborou unhas cancións que empregamos como banda sonora.



Agardamos que vos guste!!! e xa sabedes para calquera cousiña Libeteca sempre na biblioteca!!!


15 maio 2026

PODCAST DE ENTREVISTAS REALIZADAS NA II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes na II edición da Feira do libro tivemos uns reporteiros/as moi dicharacheiros/as e aquí vos deixamos un podcast cunha mínima parte de todo o material que temos das entrevistas realizadas polo alumnado nesa data. Moitas grazas tanto aos entrevistadores/as coma aos entrevistados/as xa que se eles o podcast non sería posible. 



CARTEL PDI

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes este curso, ao abeiro do noso PDI fixemos moitas actividades, e agora co gaio da nosa xornada de portas abertas, estámosvos amosando pouco a pouco.

Unha das primeiras que levamos a cabo foi a creación dun cartel para darlle nome ao noso Proxecto: Persoas con capacidades diferentes, cada aula elaborou unha ou dúas letras e entre todos creamos un cartel diverso para tratar a temática que nos ocupa este curso. 

Velaquí está o resultado:






CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?

 Boas rapazada:  Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...