Páxinas
13 xuño 2022
RESUMO DO CURSO
21 maio 2022
TRABALLANDO O CAMIÑO DE SANTIAGO CO ALUMNADO DO CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO
Boas rapazada:
Hoxe o alumnado de 4ºB está moi ledo, posto que estiveron a traballar e investigar sobre o camiño de Santiago, e hoxe recibiron unha carta da coordinadora da biblioteca do colexio Álvaro Cunqueiro, no que chegaron uns marcapáxinas sobre o Camiño, que é o proxecto que están a traballar durante este curso.
Unha vez recibida a carta, pediannos que fixesemos unha foto con el en algún punto do Camiño, e aquí imos ir deixando as fotos que nos vaian chegando.
É un pracer compartir experiencias con outros coles. Moitas grazas aos compañeiros/as por contar con nós para esta actividade!!!
Grazas rapazada!!
Saúdiños Libeteca
OS XOGOS DAS LETRAS GALEGAS
Boas rapazada:
Como xa sabedes, o pasado martes foi o día das Letras Galegas, este ano o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, e depois de estar traballando dende as aulas a este poeta ouresán, os diferentes grupos de primaria foron acudindo por quendas á biblioteca onde os esperaban uns xogos sobre o autor.
Aquí vos deixamos as fotos disfrutando destes xogos tan entretidos e interesantes.
Grazas pola vosa participación e implicación rapazada!!
Saúdos
Libeteca
DESCUBRINDO AS MALETAS VIAXEIRAS
04 maio 2022
INTERCAMBIO DE MALETAS VIAXEIRAS
Boas razapada:
Hoxe teño que contarvos unha novidade que temos na biblioteca,veu ata a biblio Fefa, a coordinadora da biblioteca de Nadela, e trouxo unha maleta viaxeira chea de libros, de aventuras e de historias marabillosas, para compartir co noso alumnado, e unha das miñas axundantes do equipo da biblioteca, Elvira fixolle a entrega da nosa libemaleta.
Durante este mes de maio, teremos as maletas cambiadas,para que o alumnado de ambos colexios poidan gozar deste intercambio.Aquí vos deixo as fotos do intercambio:
Moitas grazas ás dúas por este intercambio.
Saúdiños
Libeteca
A VIMBIOTECA
Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes, o pasado venres día 29 de abril tivemos a sorte de contar na nosa escola cunha artísta da contorna. Ela é unha artesá que ten o seu obradoiro en Outeiro de Rei, e acudiu a nosa escola acompañada do seu axudante Xosé para realizar co noso alumnado un obradoiro de vimbio, ela é nin máis nin menos que IDIOIA CUESTA.
Estamos moi agradecidos de poder contar con ela na nosa escola e do agasallo tan grande que nos fixo ao realizar a Vimbioteca, para que a nosa rapazada poida desfrutar do pracer da lectura nun ambiente inmellorable.
Dende aquí querémoslle dar as grazas a Idioia, por facer un oco para achegarse a nosa escola e por agasallarnos co seu talento.
Aquí vos deixo unha foto coa súa creación e de seguido un pequeniño vídeo do obradoiro realizado. Agardo que valoredes como se merece este gran obradoiro e a nosa vimbioteca!!
A HORTA DO LAVERDE
Boas rapazada:
Hoxe estou moi leda posto que xa fai un tempiño que a rapaza máis miúda da escola está preparando a hortiña no patio da escola. É unha actividade para o alumnado xa que observan como é o proceso dende a plantación ata a recollida dos froitos.
Para que observedes o ben que o pasa o noso alumnado de infantil aquí vos deixo unhas fotiños:
CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?
Boas rapazada: Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...
-
Boas rapazada: O pasado venres día 21 de novembro tivemos unha actividade ao abeiro do noso PDI Persoas con capacidades diferentes. Consist...
-
Boas rapazada: Aquí vos deixo un vídeo con todos os carteis participantes do concurso en familia para deseñar o cartel da nosa feira. Sere...
-
Boas rapazada: Como xa sabedes, cada curso celebramos dende a biblio unha data relacionada co PDI que estamos a levar a cabo, porén este ano...





















