Boas:
Aquí vos deixamos a enquisa de valoración da biblioteca para as familias. Agradecemos moito as vosas respostas e que contestedes un só membro da familia. Moitas grazas.
Boas:
Aquí vos deixamos a enquisa de valoración da biblioteca para as familias. Agradecemos moito as vosas respostas e que contestedes un só membro da familia. Moitas grazas.
Boas rapazada:
Hoxe deixovos aquí unhas preguntiñas para que deades a vosa opinión sobre a biblioteca. Lembrade que é moi importante que respostedes con sinceridade e unha soa vez.
Moitas grazas a todos todas pola vosa colaboración
Boas rapazada:
Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir facer arte coa caratula dun libro.
Cómpre sinalar varias cousiñas, por unha banda darvos as GRAZAS a todos e todas as participantes xa que foi moi complexo quedarnos só con tres traballos, puxéstesnolo moi dificil., e por outra banda darvos os parabéns aos gañadores polo voso marabilloso traballo.
Outra cousiña importante comentarvos que os traballos foron selecionados por un xurado composto por varios membros do equipo de biblioteca, agás aqueles membros que participaron cos seus fillos e fillas no concurso, e que os votos emitidos polo público no blogue non foron relevantes nin tidos en conta posto que non estaba recollido nas bases do concurso, este tipo de votación.
E.. permanece atentos que vos avisaremos para a entrega de premios!!
PARABÉNS RAPAZADA!!!
Aqui vos deixamos unhas fotiños da ENTREGA DE PREMIOS, tanto aos gañadores coma aos participantes:Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes durante a semana do 22 ao 26 de abril levamos a cabo numerosas actividades co gallo da festividade do Día do Libro, aquí vos deixo un vídeo resumo de todas elas, non sen antes agradecer a todos e cada un dos participantes no noso concurso en familia, e dicirvos que aínda que soe a tópico puxéstesllo moi complicado ao xurado, posto que só podiamos escoller tres e foi moi moi complexo.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e aquí vos deixo o vídeo resumo da semana do Libro.
Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado martes día 23 de abril foi unha data moi importante para todos nós na biblio, xa que foi o Día do Libro e levamos a cabo numerosas actividades, pero queremos facer especial fincapé nunha das que realizamos que son os Apadriñamentos lectores, posto que esta actividade ten moito éxito entre o noso alumnado, tanto por parte dos padriños e madriñas coma dos afillados e afilladas.
Para que vexades o ben que o pasamos aquí vos deixo un vídeo resumo desta actividade que agardo que vos guste tanto coma a min.
Un saúdo
Libeteca
Boas rapazada:
Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.
Nesta lapela vouvos ir deixando todas as fotos que nos vaiades mandando para que poidades desfrutar destas auténticas obras de arte.
Moitas grazas a todos e todas por participar!!!
Boas rapazada:
Como xa sabedes o vindeiro día 23 de abril é unha data moi importante para todas bibliotecas, e nós para celebrala propoñemos as seguintes actividades.
PROGRAMA DA SEMANA DO LIBRO
Boas rapazada: Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...