Ola rapazada:
Deíxovos aquí as nosas recomendacións lectoras de Nadal agardo que pasedes moi boas festas e que compartades os vosos momentos de lecer cunha boa lectura.
Ola rapazada:
Deíxovos aquí as nosas recomendacións lectoras de Nadal agardo que pasedes moi boas festas e que compartades os vosos momentos de lecer cunha boa lectura.
Boas rapazada:
Como vai todo? Hoxe estou moi leda, xa sabedes que cada ano escollemos unha data para celebrar que se relacione co noso PDI que este curso versa ao redor dos países do mundo e chamamos Libeteca na túa maleta.
E por este motivo o luns día 18 de decembro tivemos unha celebración na nosa escola moi especial, celebramos o Día do Emigrante, e para esto tivemos a sorte de contar con varias familias extranxeiras que viñeron a montar un stand con información do seu país.
Foi unha actividade marabillosa xa que puidemos aprender e gozar de numerosas culturas diferentes e que as familias se implicaron dunha maneira excepcional tanto nos preparativos desta xornada coma na realización da mesma.
Por este motivo estamos moi agradecidas tanto ás familias coma ao resto da comunidade educativa xa que resultou unha xornada moi productiva e para que poidades lembrar e gozar connosco deste día deixámosvos un vídeo resumo da actividade.
Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes achégase unha época do ano que é terrorífica… e para celebrar esta data entre libros e lecturas preparamos a nosa biblio para a ocasión.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo para que vexades que fermosa está e a ver se sodes quen de atopar á “intrusa”.
Saúdos Libeteca !!!
Boas rapazada:
Como xa sabedes, hoxe día 24 de outubro é un día moi importante para min xa que é o día Das Bibliotecas e o do meu segundo aniversario…
Para celebralo fixemos dúas actividades por unha banda para o alumnado e por outra para as familias.
A actividade que realizamos co ALUMNADO consistíu en que eu, Libeteca, fun de clase en clase cunha maleta cargada de cousas e cunha axudante estupenda que neste caso, foi Paula de 6ºA.
Seguro que vos estaredes pensando que pintaba eu cunha maleta, pois ben, como xa sabedes este ano o noso PDI chámase LIBETECA NA MIÑA MALETA e vai tratar de investigar sobre diferentes países do mundo, e para isto fun de clase en clase coa miña maletiña e entreguei unha bandeira do país que lle toca investigar a cada aula e uns pasaportes aos que chamamos Libepasaportes.
Cómpre sinalar que temos dous modelos de Libepasaporte un para o alumnado de infantil,onde imos traballar de maneira individual traballando o país que lles toca investigar e por outro o de primaria, no que imos traballar en grupo onde se pode obter un selo por cada un dos catorce países que imos traballar na escola.
Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes, o vindeiro luns día 16 de outubro é o día Das escritoras, e nós dende Bibliolibeteca quixemos facerlles a nosa pequena homenaxe dende a nosa Xanela, na cal fixemos unha escolma de diferentes lecturas de varias das nosas autoras.
Aquí vos deixo as fotos da nosa Xanela para que poidades gozar connosco deste Día das Escritoras.
Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o vindeiro luns abrimos de novo as portas da nosa biblio para todos vós, e comezamos cos bibliorecreos. E para que saibades cando podedes ir aquí vos deixo os calendarios de todo o curso para os teñades a man e nunca vos esquezades de cal é a vosa quenda.
Boas rapazada: Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...