29 marzo 2024

8 M

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o día 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller, e nós dende a nosa escola e ao abeiro do noso PDI Libeteca na túa maleta decidimos que cada aula escollese unha muller importante do país que está a traballar e posteriormente elaborase a súa silueta en forma de photocall. 

Neste photocall, tamén había que dar a coñecer un chisco da vida da muller escollida e porque é ou foi importante e que logros acadou. 

Posteriormente o propio venres, día 8 de marzo o alumnado foi visitando todas as aulas para coñecelas a todas e sacar fotografías nas siluetas.

Aquí vos deixo un vídeo onde aparecen todas e cada unha das mulleres escollidas, agardo que vos guste e que aprendades  tantas cousiñas coma a min e xa sabedes ... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!





02 marzo 2024

LIBERRETO DE PORTUGAL

 Ola rapazada: 

Como vai todo? Hoxe deixovos aquí o Liberreto destas xornadas, xa que na páxina onde publicamos todos os retos hai moitos e estase a complicar a cuestión de atopalos, así que, dende agora vouvolos deixar nas dúas partes, por unha banda na páxina correspondente ao Liberreto, e por outra nunha entrada para que así vos facilite atopalo. 

Grazas por participar tan activamente rapazada!!!





SEMANA DA PRENSA

Boas rapazada:
Como xa sabedes esta vindeira semana, ao do 4 ao 8 de marzo é a Semana da Prensa, e para isto preparamos dúas cousiñas.
Por unha banda fixemos unha réplica do despacho de Gerónimo Stilton á entrada da biblioteca, posto que como xa sabedes nos seus libros el é un xornalista que traballa no xornal " El eco del Roedor", e por outra banda preparamos unha exposición cunha morea de xornais de diferentes países do mundo, de emiratos árabes, de alemaña, de EEUU, de Portugal, de España, de Italia.... 
Para comprobar a procedencia dos xornais, as súas semellanzas e diferenzas debedes aproveitar a vosa hora semanal de biblioteca e así traballar e gozar desta Semana da Prensa. 
 O punto final desta celebración porémolo o venres coa visita do alumnado de 4º  á redación do xornal da nosa cidade, El Progreso.
 Aquí vos deixo unha fotiño para que vaiades abrindo boca!!!


22 febreiro 2024

DÍA DE ROSALÍA

Boas rapazada!!!
Hoxe estou aquí para celebrar o Día de Rosalía, a  poetisa máis importante que houbo en Galicia e que tanto loitou polo galego e pola igualdade de homes e mulleres. Este ano para celebralo fixemos un programa de radio, no cal participou todo o alumnado dende os pequechiños de 3 anos ata os maiores de sexto. 
Aquí vos deixo o enlace para que poidades escoitar o programa e agardo que vos guste tanto coma a min esta primeira experiencia radiofónica. 
 Antes de deixarvos o enderezo quero dende aquí agradecer a todas e cada unha das aulas a súa participación no programa. Moitas grazas rapazada e.... ADIANTE CO PROGRAMA!!!

21 decembro 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 Ola rapazada:

Deíxovos aquí as nosas recomendacións lectoras de Nadal agardo que pasedes moi boas festas e que compartades os vosos momentos de lecer cunha boa lectura.


20 decembro 2023

DÍA DO EMIGRANTE

 Boas rapazada:

Como vai todo? Hoxe estou moi leda, xa sabedes que cada ano escollemos unha data para celebrar que se relacione co noso PDI que este curso versa ao redor dos países do mundo e chamamos Libeteca na túa maleta.

E por este motivo o luns día 18 de decembro tivemos unha celebración na nosa escola moi especial, celebramos o Día do Emigrante, e para esto tivemos a sorte de contar con varias familias extranxeiras que viñeron a montar un stand con información do seu país.

Foi unha actividade  marabillosa xa que puidemos aprender e gozar de numerosas culturas diferentes e que as familias se implicaron dunha maneira excepcional tanto nos preparativos desta xornada coma na realización da mesma. 

Por este motivo estamos moi agradecidas tanto ás familias coma ao resto da comunidade educativa xa que resultou unha xornada moi productiva e para que poidades lembrar e gozar connosco deste día deixámosvos un vídeo resumo da actividade. 


MIL GRAZAS FAMILIAS E FELIZ DÍA DO EMIGRANTE PARA TODOS E TODAS!!!

13 decembro 2023

MES DA CIENCIA

Boas rapazada:
Durante o pasado mes de novembro estivemos a celebrar o MES DA CIENCIA na nosa biblioteca, para esto fixemos tres actividades, unha tanda de experimentos con tres nais que viñeron achegarnos á ciencia dunha maneira lúdica e tendo a sorte de que unha delas é científica, outros grupos de alumnado fixeron experimentos coas mestras do equipo de biblioteca e o alumnado de 6º foi ata os museos científicos da Coruña. 
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos e canto desfrutamos neste mes da ciencia. 
Moitas grazas a todos e todas por participar e cunha mención especial para Carmela, María e Yanira por vir compartir o seu tempo e os seus coñecementos co noso alumnado. 
Saúdos 
Libeteca
 
Mes da ciencia de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO

CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?

 Boas rapazada:  Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...