19 abril 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Boas a todos e todas:

  Hoxe estou moi leda ,xa que como xa sabedes, esta tarde estiven convosco xa que tivemos a primeira xornada de portas abertas para dar a coñecer ás familias o traballo realizado ao abeiro do noso P.D.I. que como vos contei numerosas veces versa a través da alimentación e da arte, e de aí saíu AlimentArte. 

Gustaríame agradecervos a todos a vosa presenza na escola para gozar do traballo realizado polo alumnado do centro, e por acudir ao centro tantas familias, xa que pasamos das cen persoas que asistiron á visita a pesar de que o horario sabemos que non é o máis axeitado para poder acudir por motivos laborais. Por este motivo estou moi agradecida a todos vós!!!

Aquí vos vou deixar varias cousiñas. 

Por unha banda as fotografías da xornada, e por outra un muro onde veredes as opinións de aquelas persoas que as depositaron na caixa do correo que se atopaba na entrada. 

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA:

 













































MURO DE OPINIÓNS: 

Aquí vos deixo as opinións que recollemos do buzón, se algunha persoa que asitíu á visita quere engadir a súa que non dubide en facelo!!!

               

Hecho con Padlet

MOITAS GRAZAS POR TODO, SAÚDIÑOS LIBETECA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GAÑADORES DO BOOKFACE

 Boas rapazada: Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir fa...