18 abril 2022

VÍDEOS RESUMO DO P.D.I. ALIMENTARTE

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un gran traballo que se realizou en todas as aulas. Como xa sabedes ao longo de todo o curso estivemos facendo numerosas actividades ao abeiro do noso proxecto. Cada aula escolleu un autor ou unha corrente artística e estivo a investigar ao longo de todo o cursoe agora chegou o momento de explicar o que aprendemos ao resto do alumnado do centro. 

Seguindo o lema da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia " A biblioteca ten a palabra" quixemos darlle a palabra ao noso alumnado e aquí tedes o resultado. 

De seguido atopades un Genially con todos os vídeo, só tedes que premer nas etiquetas correspondentes e desfrutar do traballo da rapazada. 

Agardo que vos guste tanto coma a min e que aprendades moitas cousas. 

Moitas grazas polo voso traballo e parabéns rapazada!!

Saúdos 

Libeteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE TEATRO CON PALOMA LUJILDE

Boas rapazada: Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando ...