25 abril 2022

SEMANA DO LIBRO

 Boas rapazada: 

Como vai todo? como xa sabededes o pasado sábado día 23 de abril foi o día do libro. 

Pero... sabedes porque se celebra nesta data? 

Pois resulta que é porque nesa data o 23 de abril morreron dous grandes da literatura universal, por unha banda Miguel de Cervantes que é o español autor do Quixote da Mancha e por outra William Shakespeare que é o autor entre outras obras de Romeo e Xulieta. 

Dende o ano 1995 decidiuse por esta data coma o día Internacional do Libro e tamén coincide no mesmo día co patrón de Cataluña que é o San Jordi, no cal é unha tradición agasarllar un libro e unha rosa. 

Unha vez sabido isto gustaríame comentarvos como o imos celebrar na nosa biblioteca. Imos facer tres actividades nas cales podedes participar con caracter voluntario en calquera delas, e todas ou ningunha. 

As actividades están explicadas de seguido no seguinte vídeo e son: intercambio de marcapáxinas entre o alumnado de diferentes aulas, asistencia ao obradoiro de flores que se levará a cabo durante os bibliorecreos da semana e por último os apadriñamentos lectores, que consisten en que o alumnado maior le ao alumnado máis pequeno da escola.

E para por punto e final á semana do Libro temos o grande pracer de contar con Idoia Cuesta que vai acudir ao centro para facer nin máis nin menos que unha VIMBIOTECA. 
Ocórresevos unha mellor maneira de rematar esta semana ?
Agardo vervos a todos vós gozar das actividades que vos temos preparadas. 


E xa sabedes... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

GAÑADORES DO BOOKFACE

 Boas rapazada: Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir fa...