06 abril 2022


Boas rapazada: 
Hoxe teño o pracer de convidarvos a todos á xornada de portas abertas para dar a coñecer o noso proxecto deste ano, que como ben sabedes é AlimentArte. 

Esta xornada é para as familias do centro, poderedes acudir dende as 15 ata ás 17 horas do vindeiro martes día 19 de abril, xusto á volta das vacacións de Semana Santa.
 Imos facer varios percorridos pola escola, guiados polo profesorado do centro, e ides ver os traballos que prepararon dende cada titoría o alumnado do centro. Así mesmo tamén pasaredes a coñecer a Bibliolibeteca, e poderedes ver un resumo das nosas actividades ao longo deste proxecto.
Non me faltedes!! Agardo por todos vós. 
Un saúdo, Libeteca.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GAÑADORES DO BOOKFACE

 Boas rapazada: Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir fa...