21 decembro 2024

GAÑADORES DO LIBECONCURSO DE NADAL

 Ola rapazada:

Aquí vos deixo os traballiños gañadores do Libeconcurso de Nadal. Moitas grazas a todos e todas as participantes e agardo que vos gustase o voso agasallo por participar.

 GAÑADORA DE INFANTIL

 GAÑADOR DE 1º E 2º

                                                               GAÑADORA DE 3º E 4 º

      GAÑADORA DE 5º E 6º



PARABÉNS RAPAZADA!!!







RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2024

 Ola rapazada:

Xa están aquí as nosas recomendacións lectoras para este Nadal 2024. Este curso temos unha mellora nas nosas escollas e é que cando pinchades por riba das caratulas dos libros, saevos un pequno resumo para que saibades de que vai, e así vos axude a decidirvos por un ou por outro. 

Agardamos que vos guste a nosa escolma e que pasedes un Nadal cheo de lecturas!!

19 novembro 2024

LIBECONCURSO

 Boas rapazada: 

Aquí vos traio un Libeconcurso, deixovos aquí as indicacións e agardo que participedes moitísimos/as.

Ánimo e moita sorte!!!



16 novembro 2024

APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o pasado 30 de outubro tiveron lugar os nosos tradicionais apadriñamentos ás escuras, que consisten en que o alumnado máis maior do centro vai a xunto do alumnado máis pequchiño para lerlles un conto á luz dunha lanterna. 

Aquí vos deixo o cartace de que curso apadriñou  e quenes foron os seus apadriñados ademais dunha vídeo resumo das fotos de dito evento. 




Agardo que vos gustase tanto coma min. 





Un saúdo 

Libeteca

10 novembro 2024

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o pasado día 24 de outubro celebramos na nosa escola o Día das Bibliotecas, e coma cada ano o meu aniversario, neste caso cumprin xa 3 anos!!!

Para conmemorar o dia  das Bibliotecas escolares creamos un tunel cheo de inventos de cada unha das etapas históricas para dar a coñecer o noso PDI deste curso que vai ser Inventos e descubrimentos ao longo da historia. 

Ademais disto ao remate da visita do tunel tiñamos un panel xa preparado co Liberreto deste curso, que consistirá en facer unha pequena investigación sobre diferentes inventos que irán aparecendo cada quince días e posteriormente o alumnado que faga ben as súas pescudas van obter un sello e ao remate do curso o curso que os obteña todos terá un premio. Quenes conseguirán ter todos os sellos?

Aquí vos deixo un vídeo resumo para que poidades gozar con nós da actividade 



 Agardo que vos guste tanto coma a min.
Saúdos 
Libeteca 



30 setembro 2024

MURO DE RECOMENDACIÓNS

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un muro onde vos vou ir colgando as novidades que vaiamos incorporando á nosa biblio, e así como aqueles libros que consideremos importante resaltalos para que poidades desfrutar deles.

E xa sabedes que se tedes algunha suxerencia podedes deixala na Caixa de Correo á entrada da biblio, ou ben mandarnos un correo a bibliolibeteca@gmail.com

Hecho con Padlet

29 setembro 2024

NOVAS XUNTANZAS DOS LIBECLUBES DO LAVERDE

 Boas razapazada:

Como xa sabedes levamos xa dous cursos tendo un clube de lectura na nosa biblio, ata o de agora era só para adultos e chamámoslle Café con Letras, pero este curso decidimos facer outro para nenos e nenas de 5º e 6º de educación primaria, que chamaremos Chocolate con Letras, e debido a grande afluencia de alumnado teremos que facer dous grupos. 

Aquí vos deixo os cartaces co resumo das próximas lecturas que levaremos a cabo en ambos clubes:






28 setembro 2024

NOVIDADES

 Boas rapazada:

Durante este curso temos varias novidades que vos deixo aquí resumidiñas neste cartace. Estamos desexando recibirvos na nosa biblio de novo !!!



PDI INVENTOS E DESCUBRIMENTOS AO LONGO DA HISTORIA

 Boas rapazada:

Como xa sabedes cada curso facemos un PDI, Proxecto Documental Integrado, dende a nosa biblioteca, e este ano versa sobre os Inventos e os descubrimentos ao longo da historia.Irémosvos informando das nosas actividades, coma sempre.

HORARIO CURSO 2024-2025


 

APERTURA DA BIBLIOTECA


 

27 xuño 2024

GRAZAS GARDABIBLIOS

 Boas rapazada:

Hoxe toca agradecer dende aqui o traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º durante todos os tempos de lecer acudindo á biblio coma gardabiblios e facendo un gran traballo xa que fostes de gran axuda para todo o equipo.

E para isto quixemos ter un detalle con eles e elas agasallándolles un estoxo que fixemos coa nosa Cricut.

Grazas rapazada e para aqueles que marchades para o instituto xa sabedes onde queda a vosa biblio e a vosa Libeteca, agardo as vosas visitas ….







GAÑADORES DO LIBERRETO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes durante todo este curso fixemos un reto sobre os diferentes países que traballamos nas aulas. Estamos moi contentas pola vosa participaciòn e interese e xa pensamos no seguinte.

Aqui vos deixamos aos gañadores!!! PARABÉNS e moitas grazas a todos e todas por participar!!!







09 xuño 2024

VÍDEO RESUMO DO NOSO PDI LIBETECA NA MIÑA MALETA

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un vídeo resumo do noso PDI, para que gocedes de todo canto traballamos e aprendemos durante este curso. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

03 xuño 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes estamos a piques de rematar o curso, e coma sempre, prepareivos unhas recomendacións lectoras para que poidades gozar do pracer da lectura durante o voso tempo de lecer. 

Velaquí están, agardo que vos gusten !!!

22 maio 2024

COMEZAN AS EXPOSICÓNS ÁS FAMILIAS E AO RESTO DO ALUMNADO DO PDI: LIBETECA NA MIÑA MALETA

 Boas rapazada:

Como xa sabedes este curso, ademais da xornada de portas abertas que se levará a cabo a vindeira semana, dende as aulas estamos a realizar dúas exposicións, por unha banda a outra aula e pola outra convidamos ás familias para que coñezan de primeira man os traballiños realizados polos seus fillos e fillas.

Aquí vos deixo o primeiro dos vídeos resumos da exposicións realizadas ás familias:

Comezamos co alumnado de 5º B. Parabéns rapazada polo voso traballo realizado sobre México:


PARABÉNS ! de SONIA LAMAS VAZQUEZ

EXPOSICIÓN DA RAPAZADA DE 4º A DÁNDONOS A COÑECER PORTUGAL

Pdi libeteca na miña maleta de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO

 
EXPOSICIÓN DA RAPAZADA DE 4 ANOS PRESENTANDO CHINA

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 1º SOBRE XAPÓN



XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Boas rapazada:

A vindeira semana terá lugar a xornada de portas abertas para dar a coñecer o noso PDI a toda a comunidade educativa, para isto poderedes acudir á escola de maneira libre para poder realizar a visita de 15 a 17 horas de luns a venres. 

Aquí vos deixo un vídeo para que poidades facervos unha pequena idea do que ides atoparvos. Animádevos a vir  ver os nosos traballiños!!!


Xornada portas abertas de SONIA LAMAS VAZQUEZ

20 maio 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Bo día rapazada:

O pasado martes, na nosa biblioteca tivo lugar unha sesión de formación de usuarios para todo o profesorado do centro. Este curso tivemos que cambiar e adaptar a CDU ( Catalogación Decimal Universal) e mudarnos a un novo programa de émprestito e devolucións dos libros.

Aquí vos deixo unhas fotiños da nosa xuntanza e a presentación para o profesorado.

'




Grazas a todos e todas pola vosa asistencia e participación!!!


17 maio 2024

ENQUISAS PARA AS FAMILIAS

Boas:

Aquí vos deixamos a enquisa de valoración da biblioteca para as familias. Agradecemos moito as vosas respostas e que contestedes un só membro da familia. Moitas grazas.


09 maio 2024

ENQUISAS DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO

 Boas rapazada:

Hoxe deixovos aquí unhas preguntiñas para que deades a vosa opinión sobre a biblioteca. Lembrade que é moi importante que respostedes con sinceridade e unha soa vez.

Moitas grazas a todos  todas pola vosa colaboración

30 abril 2024

GAÑADORES DO BOOKFACE

 Boas rapazada:

Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir facer arte coa caratula dun libro.

Cómpre sinalar varias cousiñas, por unha banda darvos as GRAZAS a todos e todas as participantes xa que foi moi complexo quedarnos só con tres traballos, puxéstesnolo moi dificil., e por outra banda darvos os parabéns aos gañadores polo voso marabilloso traballo.

Outra cousiña importante comentarvos que os traballos foron selecionados por un xurado composto por varios membros do equipo de biblioteca, agás aqueles membros que participaron cos seus fillos e fillas no concurso, e que os votos emitidos polo público no blogue non foron relevantes nin tidos en conta posto que non estaba recollido nas bases do concurso, este tipo de votación.

E.. permanece atentos que vos avisaremos para a entrega de premios!!

PARABÉNS RAPAZADA!!!

Aqui vos deixamos unhas fotiños da ENTREGA DE PREMIOS, tanto aos gañadores coma aos participantes:







Parabéns rapazada e moitas grazas por participar!!!


RESUMO DAS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes durante a semana do 22 ao 26 de abril levamos a cabo numerosas actividades co gallo da festividade do Día do Libro,  aquí vos deixo un vídeo resumo de todas elas, non sen antes agradecer a todos e cada un dos participantes no noso concurso en familia, e dicirvos que aínda que soe a tópico puxéstesllo moi complicado ao xurado, posto que só podiamos escoller tres e foi moi moi complexo. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e aquí vos deixo o vídeo resumo da semana do Libro.



29 abril 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o pasado martes día 23 de abril foi unha data moi importante para todos nós na biblio, xa que foi o Día do Libro e levamos a cabo numerosas actividades, pero queremos facer especial fincapé nunha das que realizamos que son os Apadriñamentos lectores, posto que esta actividade ten moito éxito entre o noso alumnado, tanto por parte dos padriños e madriñas coma dos afillados e afilladas. 

Para que vexades o ben que o pasamos aquí vos deixo un vídeo resumo desta actividade que agardo que vos guste tanto coma a min.

Un saúdo 

Libeteca



14 abril 2024

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada:

Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE. 

Nesta lapela vouvos ir deixando todas as fotos que nos vaiades mandando para que poidades desfrutar destas auténticas obras de arte. 

Moitas grazas a todos e todas por participar!!!


Hecho con Padlet
Saúdos, Libeteca

11 abril 2024

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO LIBRO

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o vindeiro día 23 de abril é unha data moi importante para todas bibliotecas, e nós para celebrala propoñemos as seguintes actividades.

PROGRAMA DA SEMANA DO LIBRO



CONCURSO EN FAMILIA

LIBETROCO


OBRADOIRO NOS BIBLIORECREOS

APADRIÑAMENTOS LECTORES




APADRIÑAMENTOS 24 de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!

29 marzo 2024

LIBETEQUEIROS VIAXEIROS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes levamos un tempo recompilando fotos das vosas viaxes en familia para crear entre todos e todas o noso mural LIBETEQUEIROS VIAXEIROS, nel fomos colocando as fotos que nos fostedes achegando de diferentes lugares que estivestedes de visita, tanto na contorna máis próxima coma nas viaxes máis lonxanas e exóticas. 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación e aquí vos deixo dúas fotiños dos nosos Libetequeiros Viaxeiros: 



A ver se sodes quen de atoparvos!!!!

Moitas grazas familias pola vosa participación.

Saúdos 

Libeteca!!!!

CHOCOLATE CON LETRAS

  Boas rapazada:

Como vai todo? Hoxe estou aquí para contarvos unha sorpresa que tivo lugar na biblio o pasado xoves día 21 de marzo.

 Como xa sabedes na biblio temos un clube de lectura para adultos (familias e mestres) que chamamos Café con Letras e que consiste en compartir un café comentando un libro previamente lido por todas as participantes.

 Pois ben, o alumnado de 4º A foi  tiña programada unha xuntanza para comentar o libro Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas e cando chegaron á biblio tiñan todo preparado para compartir unha chocolatada cuns biscoitos, facendo unha adaptación do noso clube de lectura para adultos para noso alumnado, que nesta ocasión chamamos Chocolate con Letras.

A actividade foi todo un éxito xa que a todos se lles fixo moi curto, e despois da xuntanza fixeron un test onde o alumnado plasmou a súa opinión. Todos queren volver a ler, que ao fin e ao cabo era a finalidade da actividade  que se motivasen coa lectura e pasar un momento máis lúdico para rematar o trimestre.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo da actividade.

Agardo que esta actividade se volva  repetir e para iso... hai que ir pensando que libro podedes ler!!

E xa sabedes... Para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o pasado xoves, día 21 de marzo celebrase o Día Mundial da Poesía, e para isto no cole fixemos varias actividades, por unha banda elaboramos unha escolma entre os nosos fondos bibliográficos para colocar na nosa Xanela, e por outra  preparamos poemas tanto para o profesorado coma para o alumnado. 

Para o profesorado creamos un poema personalizado para cada un deles, e para o alumnado preparamos unha gaiola chea de poesía, eles foron á biblioteca e liberaron un poema, esto fixémolo en dúas quendas por unha banda para o alumnado de primaria e por outra para o de infantil modificando a dificultade dos textos e incluso adaptándoos con pictogramas para facilitar a súa comprensión.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo do noso Día da Poesía.

 Saúdos, Libeteca!!!


8 M

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o día 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller, e nós dende a nosa escola e ao abeiro do noso PDI Libeteca na túa maleta decidimos que cada aula escollese unha muller importante do país que está a traballar e posteriormente elaborase a súa silueta en forma de photocall. 

Neste photocall, tamén había que dar a coñecer un chisco da vida da muller escollida e porque é ou foi importante e que logros acadou. 

Posteriormente o propio venres, día 8 de marzo o alumnado foi visitando todas as aulas para coñecelas a todas e sacar fotografías nas siluetas.

Aquí vos deixo un vídeo onde aparecen todas e cada unha das mulleres escollidas, agardo que vos guste e que aprendades  tantas cousiñas coma a min e xa sabedes ... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!





02 marzo 2024

LIBERRETO DE PORTUGAL

 Ola rapazada: 

Como vai todo? Hoxe deixovos aquí o Liberreto destas xornadas, xa que na páxina onde publicamos todos os retos hai moitos e estase a complicar a cuestión de atopalos, así que, dende agora vouvolos deixar nas dúas partes, por unha banda na páxina correspondente ao Liberreto, e por outra nunha entrada para que así vos facilite atopalo. 

Grazas por participar tan activamente rapazada!!!





SEMANA DA PRENSA

Boas rapazada:
Como xa sabedes esta vindeira semana, ao do 4 ao 8 de marzo é a Semana da Prensa, e para isto preparamos dúas cousiñas.
Por unha banda fixemos unha réplica do despacho de Gerónimo Stilton á entrada da biblioteca, posto que como xa sabedes nos seus libros el é un xornalista que traballa no xornal " El eco del Roedor", e por outra banda preparamos unha exposición cunha morea de xornais de diferentes países do mundo, de emiratos árabes, de alemaña, de EEUU, de Portugal, de España, de Italia.... 
Para comprobar a procedencia dos xornais, as súas semellanzas e diferenzas debedes aproveitar a vosa hora semanal de biblioteca e así traballar e gozar desta Semana da Prensa. 
 O punto final desta celebración porémolo o venres coa visita do alumnado de 4º  á redación do xornal da nosa cidade, El Progreso.
 Aquí vos deixo unha fotiño para que vaiades abrindo boca!!!


22 febreiro 2024

DÍA DE ROSALÍA

Boas rapazada!!!
Hoxe estou aquí para celebrar o Día de Rosalía, a  poetisa máis importante que houbo en Galicia e que tanto loitou polo galego e pola igualdade de homes e mulleres. Este ano para celebralo fixemos un programa de radio, no cal participou todo o alumnado dende os pequechiños de 3 anos ata os maiores de sexto. 
Aquí vos deixo o enlace para que poidades escoitar o programa e agardo que vos guste tanto coma a min esta primeira experiencia radiofónica. 
 Antes de deixarvos o enderezo quero dende aquí agradecer a todas e cada unha das aulas a súa participación no programa. Moitas grazas rapazada e.... ADIANTE CO PROGRAMA!!!

I FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada: Como xa sabedes levamos todo o curso preparando este gran acontecemento, que é para nós a I Feira do Libro, que levaremos a ...